PRESENTACIÓN


Tiven a certeza de que un libro compartido duplica o seu gozo.

Emilio Pascual . Días de Reis Magos 



O CLUB DE LECTURA créase no curso 2006-2007 como unha actividade enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca, dirixido ao alumnado de todos os niveis educativos da ESO.  Defínense as bases e elabórase un documento  que  regula o seu funcionamento e periodicidade.

No seguinte curso académico consolídase como unha actividade específica de fomento da lectura contextualizada dentro do Plan lector do centro, pero será no curso 2008/2009 cando o club de lectura emerxerá cun impulso renovado ao presentarse á convocatoria específica para Clubs de lectura da Consellería de Educación de Galicia. Será a partir de novembro do 2008 cando se abran as portas á toda a comunidade educativa, ao mesmo tempo que nace este blog como medio de difusión e contacto co exterior. 

Dende entón formamos parte dos Clubs de lectura subvencionados pola Consellería e asistimos ás xornadas de formación, formando parte dun espazo en "mancomún" creado nas Bibliotecas escolares galegas.





   


No hay comentarios: