martes, 22 de junio de 2010

"Picnic" entre libros.

Onte, á saída das clases, na carballeira que temos diante do instituto, os integrantes do club compartimos mesa e lecturas. O día espléndido acompañaba para recordar a Saramago, a Machado, Miguel Hernández, José Martí, Fernández Paz, entre outros.

Intercambiamos agasallos, chapas, libretas, libros de poesía, algún de Carlos Casares...
Intercambiamos dedicatorias, sinaturas e promesas de futuro.





Bo verán de sol, mar ou montaña a elexir, pero sempre cun libro na maleta!!!

jueves, 10 de junio de 2010

Xornada dos Clubs de Lectura 2010

Un espazo que a miúdo non ten cabida nas clases de literatura é aquel no que os lectores poden

conectar a literatura coa súa propia experiencia, é dicir, aquel no que aprenden a vivir coa
literatura.  Mª Cecilia Silva-Díaz



Mañá 11 de xuño, en Santiago de Compostela terá lugar unha xornada para os coordinadores dos Clubs de Lectura dos centros de ensino secundario de Galicia nas que se intercambiarán experiencias doutros clubs que servirán para a reflexión e avance na educación literaria.

A profesora da Universidade Autónoma de Barcelona, Ana María Margallo falará de Lectura e adolescentes, título do libro escrito en colaboración  con Teresa Colomer, entre outros.

Ana María Margallo é dra. en Didáctica da lingua e  literatura; formadora de profesores de secundaria e  investigadora  sobre a incidencia dos proxectos de traballo na adquisición da educación literaria.

O poeta  Benjamín Prado rematará a xornada coa súa visión sobre a lectura e a función da literatura.
Todo un luxo ter a oportunidade de escoitar a un home crítico e con unha personalidade arrolladora.
Podedes ler unha selección dos seus poemas cliqueando na ligazón: aquí.


PROGRAMA DAS XORNADAS. Fonte: LER EN MANCOMÚN


Viaxe a Santiago

Os membros do club tamén viaxamos para disfrutar das paixases literarias. Así poís, a finais do mes de maio acercámonos á cidade de Santiago de Compostela, peregrinando cara dúas bibliotecas con moito encanto; a Biblioteca de América en Fonseca e despois á Biblioteca da Facultade de Historia, unha biblioteca que conserva o encanto de finais do século XIX.

Pero ademáis esta viaxe permitiu elevarnos ata preto das nubes, porque visitamos as cubertas da Facultade de Historia e as da Catedral
 
Como colofón ás actividades deste curso faremos o 17 de xuño un “picnic literario” preto do mar, ese mar que sempre estivo presente nas nosas xuntanzas. Comentario: Ana




De viaxe ás Bibliotecas. Santiago, maio 2010 on PhotoPeach